VIVEIROS MOREIRA, S.L.

 

Consellos de cultivo para Camelia

  • Lugar de plantación. Lembren que o millor é observar as especies no seu lugar de orixe, polo que en base a isto, á camelia cumpriríalle unha exposición en sombra ou semisombra, pero como todos sabemos en Galicia poden estaren a pleno sol, sobre todo nas rías altas, debido ó grande número de días cubertos que temos. De tódolos xeitos, e para lugares máis ó sur, ou ó centro da península é recomendable a exposición en semisombra ou sombra.
  • Tempo de plantación. Mellor en parón vexetativo, sen crecimento da planta (meses novembro-marzo), sobre todo no referido a transplantes. No caso de planta en maceta sería conveniente evitar os meses de Xullo e Agosto, debido á alta evapotranspiración.
  • Solo. A Camelia gosta de terreos ben drenados, fértiles, orgánicos e frescos. Lembrar sempre que nunca debe ser enterrado o colo de raíz, polo que debe manterse o nivel de terra existente no Viveiro ou lugar de orixe.
  • Rego. A necesidade de auga na Camelia está en relación directa co seu estado vexetativo, como o de calquer outra planta, polo que precisa de maiores cantidades en primavera e verán. Débese lembrar tamén que é moi sensible ó anagamento, polo que o exceso pode perxudicala gravemente.
  • Poda. Aínda sendo unha planta moi resistente á poda (emprégase en sebes, bonsais, topiarias), existen especies máis sensibles (C. reticulata,...) coas que deberase ser especialmente coidadosos. Polo xeral, unha moi boa época é o remate de floración, antes do crecemento vexetativo.
  • Resistencia a frío. Relaciónase directamente coa especie, sendo máis resistentes C.sasanqua, C. x williansii, C. saluenensis e incluso C. japonica que outras como C. reticulata, C. x hibridos reticulata, C. sinensis, ou as amarelas C. nitidissima.

 Ver fotografías

Ver listados

 

Ir a versión castellano

VIVEIROS MOREIRA, S.L.  |  info@viveirosmoreira.com