VIVEIROS MOREIRA, S.L.

     

 Dentro desta sección  incluimos os servicios de plantación,  transporte,  asesoramento de cultivo e fitosanitario, aluguer de planta para eventos.

      O transporte, a partir de certo importe, é gratuito dentro da comarca.  Facilitamos así mover as árbores e plantas grandes ( ata 4,50 m.).

      A plantación, a partir de certo importe,  realizámola incrementando o prezo da pranta nunha porcentaxe, incluindo o abonado e transporte.

     O asesoramento con desprazamento a fincas (podas, tratamentos fitosanitarios, abonados e outros factores de cultivo) é outro dos servicios dos que dispomos, con tarifas variables según desprazamento.

      Alugamos pranta e asesoramos na decoración vexetal de eventos, como bodas, presentacións, e diversos actos públicos e privados.

                

 

Ir a versión castellano

VIVEIROS MOREIRA, S.L.  |  info@viveirosmoreira.com